Baltasar, Eva

Permaxeo / Eva Baltasar - 1ª ed. - Pontevedra : Faktoría K de libros , 2020 - 138 p. ; 21 cm

A autora presenta unha protagonista en constante conflito, no límite entre o amor e a morte, aillada de todos e de si mesma, que se ispe emocionalmente. Sen perder o ton mordaz nin a tensión narrativa, Eva Baltasar logra forxar un estilo solvente, ácedo e auténtico ao longo deste texto traxicómico, cheo de imaxes sensuais e vigorosas, que bebe do seu exercicio poético. Porque precisamente á poesía está dedicado este seu debut na novela cunha obra contundente e directa, íntima e carnal, que combina enerxía e lirismo.

O dicionario defíneo como a capa do chan permanentemente conxelada nas rexións polares; mais «Permaxeo» é aquí o comezo dunha triloxía literaria protagonizada por personaxes femininos cos que Eva Baltasar explora distintas etapas na vida das mulleres. Esa figura xeolóxica é a metáfora do distanciamento e da protección coa que, a primeira desas tres voces, afasta os afectos e as decepcións, sen deixar de resultar áxil, brillante, lúcida e divertida, nin caer na frivolidade.

Trátase dunha muller con trazos suicidas, sensible e con vocación artística, honesta e comprometida coa liberdade, que afronta con naturalidade a súa condición sexual malia o peso dunha familia que non acepta o seu xeito de entender a vida, cunha nai controladora, cun pai irrelevante e cunha irmá anódina. Rexeita o compromiso nas súas relacións, a maternidade, e foxe das expectativas alleas. Mais, debaixo dese permaxeo e das mentiras que a axudan a sobrevivir, existen sentimentos seus que ninguén coñece: a dor, o medo, a incomprensión, a tristura, unha devastadora soidade nun mundo -falsamente idílico, cheo de convencións e superficialidade no que ela non encaixa...

Adultos/as

9788416721634


Psicoloxía
Feminismo
Liberdade
Identidade sexual
Relacións familiares
Crecemento persoal

82-N

Coa tecnoloxía Koha